![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjncAMFqz_F90jDtc1UtXzVGp37s7Ybq4s7k9FWZrRTpDBopkRNhKqphrpIQEj4zQtKGNbmuhbUDYFM1ZZ30OOaQkaDj2a6j_gwSS5Pbj5Bq7J7SrVPkJSbimV-nTZRAAyIpGjlIbkrg4Ge/s1600/samuel+diz+seminar+university+college+cork.jpg)
O Departamento de Español, Portugués e Estudos Latioamericanos, xunto ao Centro Irlandés de Estudos Galegos, convidáronme a vivir durante unha xornada nas aulas da Universidade de Cork.
Profesores e alumnos tiñan un especial interese por descubrir a música na Xeración do 27', quizáis unha das disciplinas artísticas máis descoñecidas deste momento. Realizamos esta viaxe da man do lucense Jesús Bal y Gay. A través da súa vida, obra e pensamento aprendemos a conversa de pasado-futuro e popular-erudito, característica desta xeración de creadores.
Incluso, sin querer, descubrimos que na biblioteca da universidade profesores e alumnos dispoñen dun exemplar orixinal de Treinta canciones de Lope de Vega de Jesús Bal y Gay publicado pola Residencia de Estudiantes en 1935, uns meses antes de comezar o seu periplo por Cambridge e exilio no país azteca. Especialmente para o profesor e hispanista Stephen Boyd -amante do Século de Ouro- foi un verdadeiro regalo!
Un seminario seguido por un concerto nunha aula magna do campus. Unha fermosa experiencia coa acollida de Laura Linares e Martín Veiga, xunto á compaña de Beatriz Fontán. Gracias!
- Irish Centre for Galician Studies: "Samuel Diz: Bal y Gay is an essential figure in both Galician and international 20th century music"
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgBQbt_VU3ohVmcOkvyuo1H7Nkfi_a6KR5VMLbJYrXfxywukpDM_mi8TzN-9bhn9GyHVNGpBANXIetLoHnQVYkl-3P97yp3TCPLnqkNHoZBhgn3Jjg3N2VbISh5EtBt-v-Uii88T-tZm0u3/s1600/samuel+diz+concert+university+college+cork.jpg)