Intérprete e investigador de la música en la generación del 27' y el exilio republicano español.
Premio de la crítica "El Primer Palau". "La guitarra de Lorca vuelve a sonar".

Guitarra clásica galega. Festival Música no claustro.

O pasado oito de agosto presentaba o proxecto Guitarra Clásica Galega na casa, nese fogar que me mirou e mira medrar ano a ano: Música no claustro. Ao redor de 300 persoas compartiron este serán, onde entre o lusco e fusco, a guitarra clásica con acento máis galego, foi a protagonista principal no claustro gótico da S.I. Catedral de Tui. www.musicanoclaustro.com

Tras un primeiro bloque dedicado ás partituras editadas na Revista Guitarra-Vihuela-Laúde, publicada na década dos 80' pola Agrupación Guitarrística Galega, o protagonista foi Jesús Bal y Gay e a súa obra para guitarra Pastoral, e a homenaxe asinada por Fernando Buide -presente no concerto- Nocturnal (Bal y Gay). 

O manuscrito do Preludio, e o pasodobre Flores de España do guitarrista e barbeiro ourensán Ramón G. Parada, serviron de entreacto á monumental Suite Compostelana de F. Mompou.

Para finalizar o concerto, convidei a Sergio Alonso, estudante de guitarra no Conservatorio Profesional de Música de Tui, para interpretar xuntos un vals da colección Violetas de José F. Vide. Este intre estivo cargado de emoción, unha emoción difícil de explicar con verbas, pero que podería resumirse no encontro nun mesmo lugar e tempo de dous alumnos e un profesor. Grazas Gabriel!

Para esta data especial, coa colaboración de Porta da Pía artesanía, elexín un par de zocos asinados por Elena Ferro. Unha maridaxe estética-musical que ten por filosofía a recuperación do noso pasado dende unha óptica presente. Seguimos...!!

©José Luis Luque Puértolas
"La música y el conocimiento sólo llegan si se tocan"